Mañá venres 21 de novembro o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ofrecerá unha recepción aos deportistas galegos que lograron unha medalla nos Europeos ou Mundiais (categoría absoluta ou anterior). Desta forma, da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno están convocados Javier Gómez Noya, Gustavo Rodríguez, Susana Rodríguez e Antonio Serrat. A cita será mañá ás 17:30 horas na Cidade da Cultura.
Galicia proclámase subcampioa de España en idade escolar e asina unha destacada actuación no Campionato de España de Tríatlon por Autonomías en Tudela
A selección galega de tríatlon completou unha excelente fin de semana no Campionato de España de...



