Por orde do Presidente da Federación Galega de Tríatlon , Juan Sebastián Díaz Iglesias, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convocase aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria, na data e hora indicadas a continuación
- Data: Luns, 28 de decembro de 2026
- Hora: 19:30 h 1º convocatoria e 20:00 h. en segunda convocatoria
- Lugar: Hotel Santiago Apóstol (Costa de San Marcos, 1, 15820 Santiago )
Orde do día,
- – Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
- – Presentación da Xunta Directiva.
- – Nomeamento da Comisión Delegada.
- – Normativas e calendarios 2027.
- – Código de bo goberno.
- – Licenzas 2027.
- – Orzamentos 2027. Aprobación se procede.
- – Designación do Comité de Competición e Disciplina Deportiva (Xuíz ou xuiza único de Instrución e Comité de Apelacion- Xuiz ou Xuiza de 2ª Instancia )
- – Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo luns 21 de decembro de 2026 ás 14:00 h.
*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 23 de decembro de 2026 ás 14:00 h.
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO



