O galego Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Tri-Penta Terras de Lugo) participará este domingo 18 no Open de Budapest de Pentatlón Moderno, primeira proba importante da tempada 2015. O galego, actual campión de España, foi convocado polo seleccionador español, xunto a Aleix Heredia e Marta García.
O pasado ano, na proba da Copa do Mundo de Budapest, o galego logrou a novena posición, no que foi o seu mellor resultado a nivel internacional. Cristóbal enfronta a competición con moita ilusión e nun bo estado físico e sabedor das dificultades: Na proba de esta fin de semana están os cen mellores deportistas do mundo, xa que este ano é vital para a clasificación olímpica.
Categorías menores. Os máis pequenos competirán en Portugal e na vila de Vilarreal. O sábado 17, a partires das 10:30 horas (en Portugal), celebrarase unha competición de pentatlón das categorías menores (benxamín, alevín, infantil e cadete).
O equipo galego está formado por sete deportistas:
- Categoría benxamín: Óscar López.
- Categoría alevín:Claudia Gámez.
- Categoría infantil: Martín Freije, Lucas Pena e Andrea Vidal.
- Categoría cadete: Manuel Sotelo e Javier Pena.
A fronte da selección viaxará a adestradora e responsable técnica de Pentatlón Moderno, Ruth Ballesteros.