Aspectos regulamentarios, máis importantes, a ter en conta para deportistas que participen en probas da Federación Galega de Tríatlon (FEGATRI), de cara ao comezo da tempada de probas de tríatlon que arrancan co “III Tríatlon Concello de Moaña” e se desenvolverán ata o mes de outubro.
1.- As probas da FEGATRI, tanto populares coma de circuíto e campionatos galegos, rexeranse polo Regulamento Oficial de Competición 2015, e Regulamento Competición FEGATRI 2015 a nivel organizativo.
2.- É obriga do e da deportista coñecer o regulamento e o circuíto da proba.
3.- As probas autonómicas son todas abertas, é dicir non existe competición elite no ámbito autonómico (art.8.1)
4.- ACOPLES.- Non se permiten en competición autonómica onde se chupe roda (con drafting). Só se permiten en competición elite onde se chupe roda “con drafting” e en todas as competicións onde non se chupe roda ” sen drafting”. (art. 5.2) Os guiadores sempre irán taponados.
5.- É imprescindible identificarse no acceso á transición, control de material con DNI, licenza, pasaporte, carnet de conducir. (art. 2.2)
6.- Revisión da normativa, tarxeta azul, sanción por tempo en competición onde non se pode ir a roda “sen drafting”.
7.- Adaptación do equipamento e uniformes.- Revisión artigos 2.8 e 4.7 b)
8.- Revisión de sancións máis importantes (ANEXO SANCIÓNS pax 59-65).
REGULAMENTO OFICIAL DE COMPECIÓN 2015