O TRÍATLON GALEGO, CON AÍDA VALIÑO

28 de Abril de 2015

A nosa deportista Aída Valiño está a ter moi pouca sorte este último ano. Despois de estar nove meses ausente das probas por culpa dun atropelo, onte luns 27 de abril volveu ser atropelada en Pontevedra mentres estaba adestrando. Aída ten rota a clavícula ademais de moitos golpes, pero ten moito ánimo e gañas de saír adiante. Mañá será operada en Lugo e a partir de aí comezará un novo período de recuperación para regresar á competición.

Dende a Federación Galega de Tríatlon e en nome de todas e todos os seguidores e practicantes desde deporte, queremos mandarlle todo o noso apoio e moito ánimo para Aída, que sabemos volverá a demostrarnos a todos a campioa que é, levantándose de novo ante esta contrariedade.

E tamén queremos aproveitar para recordar aos condutores que os ciclistas son moi fráxiles e que debemos tod@s manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.
A seguridade depende de tod@s n@s!

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....