Galicia desprazará a 14 deportistas ao Campionato de España de Péntatlon Moderno de categorías menores, que se celebrará esta fin de semana en Soria. O sábado terá lugar o campionato de España escolar e o domingo o campionato de España de categorías menores.
No torneo escolar, que se celebrará o sábado, só se disputarán as probas de natación e atletismo, que se celebrarán na piscina Ángel Tejedor e nos Pajaritos. En principio, está prevista a participación de preto de 200 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
O domingo terá lugar o Campionato de España de Péntatlon Moderno das categorías menores coa participación de aproximadamente 80 deportistas. Os benxamíns, alevíns e infantís realizarán as probas de natación e combinada (carreira e tiro); mentres que os cadetes xa incorporan a especialidade de esgrima.
Galicia presenta un equipo competitivo no que destacan Martín Freije, Claudia Gámez e Andrea Vidal, que o pasado ano se proclamaron campións de España. No 2014, en San Boi de Llobregat, nestas categorías Galicia acadou tres ouros, dúas pratas e tres bronces.
| Selección Galega Péntatlon Moderno | ||
| Benxamín | Iván Rego | Tri-Penta Terras de Lugo |
| Alevín
|
Germán Álvarez | Zalaeta 100 Tolos |
| Gabriel Mella | Zalaeta 100 Tolos | |
| Oscar López | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Alejandro Vázquez | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Claudia Gámez | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Ainhoa Corral | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Infantil | Andrea Vidal | Tri-Penta Terras de Lugo |
| Martín Freije | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Martín Pardo | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Martín Cando | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Miguel Méndez | Tri-Penta Terras de Lugo | |
| Cadete | Manuel Sotelo | Tri-Penta Terras de Lugo |
| Francisco Prado | Zalaeta 100 Tolos | |



