SUSANA RODRÍGUEZ, MADRIÑA DO I VERTIATLÓN SOLIDARIO

2 de Setembro de 2015

A paratriatleta viguesa Susana Rodríguez será a encargada de amadriñar o I Vertiatlón Solidario, no que tamén participará o próximo 12 de setembro en Baiona.

A deportista galega acompañará ese día aos 160 deportistas que xa se inscribiron para participar na competición, e aos que se inscriban antes do día 8 de setembro, cando remata o prazo.

O I Vertiatlón Solidario de Baiona, organizado polo Monte Real Club de Yates e o Concello de Baiona, co patrocinio de Verti Seguros e a colaboración da Federación Galega de Tríatlon, é unha proba de triatlón sprint na que os participantes deberán completar 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros correndo.
A cota de inscrición é de 25 euros, e todo o diñeiro que se recade irá destinado integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, que dende hai anos presta servizo a diversas asociacións de persoas minusválidas de Galicia.

Quizáis che interese…