PABLO DAPENA E MARTA BARBEITO, CAMPIÓNS GALEGOS DE ACUATLÓN

27 de Setembro de 2015

Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) e Marta Barbeito (A.D. Fogar) proclamáronse hoxe en Vigo campións galegos de Acuatlón 2015.

Foi a primeira das probas celebradas dentro do Desafío Illas Cíes. Finalmente, Javi Gómez Noya non participou por culpa dunha gripe. Así, o trío formado por Pablo Dapena, Carlos Galisteo e Andrés Cendán loitou dende o principio polo triunfo e todos eles tiveron opcións ata o final. Dapena logrou impoñerse cun tempo de 29:20, mentres que Carlos Galisteo (Talleres David) foi segundo cun tempo de 29:26) e Andrés Cendán (Talleres David) foi o bronce, a só un segundo.

Na categoría feminina, triunfo para Marta Barbeito (A.D. Fogar), que foi a máis regular da proba. A segunda posición foi para María Ferreira (Trivigo Boyer Triathlon), que se impuso no sprint a Sandra Sobreira (Atletismo Porriño).

CLASIFICA ACUA DESAFIO CIES

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.