RECORDATORIO SOLICITUDES DEPORTISTAS GALEGOS DE ALTO NIVEL (DGAN)

3 de Novembro de 2015

SOLICITUDES DGAN

Recordatorio:

O prazo para o envío das solicitudes remata no final do mes de Novembro.

No seguinte enlace podedes consultar toda a información:

http://deporte.xunta.gal/index.php?idMenu=82&idIdioma=2

Documentación que deberán presentar:

1.       Modelo de solicitude  cuberto con tódolos datos do interesado, asinado na parte inferior esquerda polo deportista.

2.       Unha vez cuberta dita solicitude, o presidente ou secretario da federación correspondente asina e sela dita solicitude.

3.       A federación expedirá unha certificación de posesión de licenza vixente expedida dende polo menos o 1 de xaneiro do ano 2014.

4.       Os interesados presentarán fotocopia de DNI.

5.       Certificado do padrón de veciñanza administrativa.

As solicitudes poden presentarse en calquera edificio administrativo de cada unha das provincias galegas , ou na

Secretaría xeral para o Deporte

Urbanización La Rosaleda

Rúa Ourense, 6

15781, Santiago de Compostela

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.