LOITO NO TRÍATLON MUNDIAL POLO PASAMENTO DE LAURENT VIDAL

11 de Novembro de 2015

O mundo do tríatlon está de loito polo pasamento do triatleta francés Laurent Vidal, de 31 anos de idade, tras sufrir un paro cardíaco.

Dende a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno queremos sumarnos a dor da súa familia e amigos neste doloroso e complicado momento e recordar a este grandísimo triatleta  que nos fixo vivir grandes momentos deportivos.

Laurent Vidal, que foi quinto nos Xogos Olímpicos de Londres, sufrirá xa un problema cardíaco en abril do pasado ano mentres adestraba, motivo polo que abandonou a alta competición.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...