COMEZA O PROGRAMA NADA E CORRE ESTA FIN DE SEMANA COA PROBA DE FERROL

15 de Xaneiro de 2016

O programa “Nada e Corre” do 2016 comeza este domingo 17 de xaneiro coa celebración da proba de Ferrol. Este ano o programa ten as novidades da incorporación da categoría prebenxamín e do paratríatlon (deportistas con discapacidade).

 

O Nada e Corre de Ferrol celebrarase o domingo 17 de xaneiro (10:00 horas, natación) no complexo da Malata coa inscrición de 166 participantes en todas as categorías.

 

Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, ten como obxecto traballar en inverno a natación e a carreira. O programa “Nada e Corre”, que se desenvolve no primeiro trimestre do ano, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Ribadeo, Vigo, Ribeira e Ferrol) e unha final. Na final, que aínda non ten data nin lugar asignado, estarán  os catro mellores de cada proba clasificatoria por categoría e sexo.

 

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Quizáis che interese…