MARÍA ORTEGA E CRISTÓBAL DIOS, VENCEDORES DUN DURÍSIMO DÚATLON CIDADE DE VIGO

3 de Abril de 2016

María Ortega e Cristóbal Dios (ambos do Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe gañadores do I Dúatlon Cidade de Vigo, co que se pechou o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada. A proba de Vigo estivo condicionada polas duras condicións meteorolóxicas, con choiva e rachas de vento, que fixeron aínda máis dura a proba.

 

Na proba feminina, dominio claro de María Ortega, quen marchou en solitario no primeiro segmento e así disputou toda a proba, loitando contra si mesma e a choiva e o vento. A primeira posición foi para María Ortega (01:10:46), seguida de María Jesús Coya Otero (GV Sports Club) cun tempo de 01:13:09 e bronce para María Martínez (Atletismo Porriño) cun tempo final de 01:14:07.

 

A proba masculina foi máis disputada, polo menos na primeira parte da mesma. Cinco deportistas chegan xuntos a T1, e comezaron o segmento de bicicleta en grupo, ata que Cristóbal Dios decidiu atacar. Dios marchou en solitario e volta a volta foi sumando uns segundos de vantaxe que ao final foron cruciais, xa que o deportista soubo administralos perfectamente no último tramo de carreira a pe. Triunfo para Cristóbal Dios (59:47), segunda posición para Borja Sánchez (Club Tríatlon Coruña) a 50 segundos (01:00:37) e a terceira praza foi para Ismael Lago (Atletismo Porriño) cun tempo de 01:00:40.

 

Resultados doutras categorías:

 

  • Cadete: Yeray Lorenzo (Tríatlon O Treito) e Sofía Abreu (Mar de Vigo).
  • Júnior: Íñigo Martínez Club Deportivo Pinarium)
  • Sub 23: Damián Martínez (Arcade Inforhouse) e Irene Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo)
  • Veterán 1: Eladio Ramos (GV Sports Club) e Ana Mª López (Tri-Ourense).
  • Veterán 2: Andrés López (Tríatlon Vilagarcía) e Laura López (Tri-Ourense).
  • Clubs: Atletismo Porriño (masculino) e Tri-Penta Terras de Lugo (feminino).

 

A saída, transición e meta estaban instaladas na praia de Samil  e as distancias foron de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira. A chuvia e o vento convertéronse en protagonistas xunto aos máis de douscentos deportistas participantes nas diferentes probas.

 

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Santiago, Riveira, Arteixo e Vigo. En xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon (18 prazas en cada proba do circuíto). Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) e Cristina Torres (Mar de Vigo) proclamáronse gañadores do X Dúatlon Concello de Guitiriz. Na segunda proba, disputada en Santiago, venceron Alberto Castiñeira e Inés Castaño, ambos do Arcade. Carla Castaño (Arcade Inforhouse) e Rubén Caamaño (Artrogal-Tri 498) proclamáronse vencedores do I Dúatlon Concello de Riveira Memorial Jesús e Vicente. En Arteixo, cuarta proba, os gañadores foron Joselyn Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo).

Quizáis che interese…