Andrés Cendán (Dexter Compostela) e Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) proclamáronse hoxe campións de España de Tríatlon cadete na distancia sprint en Altafulla (Tarragona). Novo éxito para o tríatlon galego nun campionato de España.
Na proba masculina, o galego Andrés Cendán partía coma un dos favoritos e así estivo entre os primeiros dende o principio. Dende a natación estivo entre os cinco primeiros clasificados e baixo da bicicleta para enfrontar a carreira a pe na segunda posición e no último segmento remontou ata acadar a primeira posición e proclamarse campión de España da distancia sprint.
Na proba feminina, Galicia contaba con varias deportistas para loitar polos primeiros postos e todas elas renderon a un bo nivel. Inés Santiago saíu da auga na primeira posición, con Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) a só catro segundos de distancia. Na bicicleta, Inés logrou escaparse e xa fixo a segunda volta ao circuíto de ciclismo en solitario e así enfrontou o terceiro segmento, polo que logrou unha vitoria incontestable. Carmen foi cuarta clasificada e moi cerca das medallas (a dez segundos), mentres que Carla Castaño foi sétima. As distancias da proba cadete son 750 metros en natación, 10 quilómetros de bicicleta e 3 quilómetros de carreira a pe.