O I TRÍATLON BOAMORTE REUNIRÁ O DOMINGO 4 DE SETEMBRO EN SANXENXO A 350 PARTICIPANTES

2 de Setembro de 2016

O domingo 4 de setembro celebrarase en Sanxenxo o I Tríatlon Boamorte coa participación de 350 deportistas. Esta proba disputarase sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de ciclismo e 10 de carreira a pe) sen drafting, é dicir, os triatletas non poderán ir a roda doutro nin circular en pelotón durante o segmento de ciclismo.

Na categoría masculina, entre os inscritos, destacan Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo), Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo), Ismael López (Tríatlon Vilagarcía), Miguel Ángel Acosta (Cidade de Lugo Fluvial), Miguel Daporta (Olímpico de Vedra), Enrique Morán (Atletismo Porriño), ou Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo). Na proba feminina contamos con Marta Barbeito (A.D. Fogar), Sonia Pariente (GV Sports), María Jesús Coya (GV Sports), Katia Senín (Olímpico de Vedra) ou Alba Caamaño (independente) entre outras deportistas.

A saída terá lugar, dende a praia de Baltar, ás 09:00 horas na proba masculina e dez minutos máis tarde na feminina.

Quizáis che interese…