Uxío Abuín fixo un magnífico papel no Campionato de Europa sub 23, que se celebrou en Holten (Holanda), ao rematar na cuarta posición. Pola súa banda, Óscar Vicente logrou a medalla de bronce co equipo de relevos mixtos sub 23.
Hoxe celebrouse o Europeo de Tríatlon sub 23 individual, tanto na categoría masculina coma feminina, e coa participación de tres galegos (Uxío Abuín, Óscar Vicente e Melina Alonso). Na masculina, Uxío estivo moi cerca do podio, cunha excepcional cuarta posición.
Durante o sector ciclista, un grupo de 20, no que se encontra Uxío Abuín, zafaban se do resto conseguindo unha vantaxe de 1:45 sobre o pelotón perseguidor, que estaba formado por 29 triatletas.
O suízo Florin Salvisberg alzouse coa vitoria, mentres que Vicente Hernández e Jelle Geens protagonizaron un intenso duelo na súa loita pola prata. Ambos os dous disputaron unha vibrante carreira a pé, na que finalmente o belga conseguía a prata, mentres que o santacrucero entrou terceiro a tan só un segundo de Geens. Pola súa banda, o galego Uxío Abuín rematou nun destacado cuarto posto, que le soubo a gloria, mentres que Óscar Vicente non rematou a proba.
A competición discorreu por un primeiro segmento de natación de 1.5 km polo Domeelar, seguidos de 40 km ciclistas para rematar con 10 km de carreira a pé polas inmediacións da cidade holandesa, que conta cunha longa tradición na celebración de triatlóns.
Na proba feminina, Melina Alonso rematou nunha discreta 24 posición, mentres que a súa compañeira de club, Tamara Gómez foi cuarta clasificada.
Bronce para Óscar Vicente en relevos. O relevo mixto Sub23 composto por Anna Godoy, Ricardo Hernández, Miriam Casillas e o galego Óscar Vicente conseguiu a terceira posición no Campionato de Europa da modalidade celebrado o xoves en terras holandesas. A queda de Óscar foi fundamental, porque superou ao italiano na carreira a pe, para acadar a medalla de bronce.
España presentou na cita con dous equipos, o primeiro deles composto pola galega Melina Alonso (recente Campioa de España de triatlón sprint), Uxío Abuín, Tamara Goméz e Vicente Hernández. Este primeiro grupo ocuparía a sétima praza da clasificación xeral. O segundo equipo que presentaba a delegación española estaba formado por Anna Godoy, Ricardo Hernández, Miriam Casillas e Óscar Vicente.
Por diante, o combinado alemán cruzaba a liña de meta en primeira posición, e os rusos entraban segundos a 24 segundos dos vencedores. Pola súa banda, o equipo español alcanzaba a terceira praza do Campionato de Europa de Relevos Mixtos Sub23.
Dende moi temperán, os alemáns protagonizaron unha escapada. Por detrás os rusos e noutro grupo situábanse os equipos de España, Italia, Hungría e Ucraína. Chegados ao sector ciclista, os húngaros quedáronse demorados, co resto disputándose as medallas. Ao inicio da última posta, Óscar Vicente iniciaba un ataque na carreira a pé, que lle permitía adiantar ao italiano Davide Uccellari, e culminaba na consecución da medalla de bronce para o equipo español.