GALICIA, CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRÍATLON ESCOLAR POR RELEVOS MASCULINOS E FEMININOS

28 de Xuño de 2013

IMG-20130628-WA0023Campionato perfecto para Galicia. As e os deportistas galegos gañaron todo o que estaba en xogo en A´Alfás del Pi (Valencia), onde se celebrou o Campionato de España de Tríatlon por seleccións autonómicas na categoría cadete. O xoves, Galicia gañou a proba de acuatlón e hoxe proclamouse campioa no  tríatlon escolar por relevos tanto na categoría masculina coma feminina. Sen dúbida o mellor resultado da historia da Federación Galega de Tríatlon neste campionato escolar.

 

Na proba feminina, o equipo galego estivo formado por Carla Castaño, Carmen Gómez e Inés Santiago, que o día anterior renderan a un nivel excepcional no acuatlón. E máis do mesmo para hoxe. Carla foi a primeira en saír e no seu mini triatlon (300 metros de natación, 4 quilómetros de bicicleta e 1.500 metros de carreira a pe) xa logrou entregar a testemuña na primeira posición. E despois Carmen e Inés Santiago ampliaron a distancia ata máis de tres minutos co segundo clasificado. Galicia acadou un tempo de 58:56, mentres que o segundo equipo foi Valencia (1:02:19).

 

IMG-20130628-WA0020Na categoría masculina, Galicia tamén fixo un magnífico papel e logrou a medalla de ouro grazas a unha actitude encomiable. O primeiro en saír foi Alejandro Pardo e entregou a testemuña a Marcos Ruíz na terceira posición, aínda que bastante cerca dos dous primeiros clasificados. Marcos fixo o seu traballo a perfección e xa deu paso a Andrés Cendán na primeira posición e este terminou o traballo cun tempo excepcional de 53:23. Na segunda posición chegou Valencia a 31 segundos e terceiro foi Andalucía a 59 segundos.

 

O adestrador da selección galega, Jonathan Cancelas destacou que “os relevos saíron tal e como o tiñamos plantexado ou incluso mellor. E teño que destacar que estiveron enormes tanto na actitude amosada como no estado de forma”.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.