Antón Ruanova rematou na sexta posición no campionato Panamericano de Tríatlon, que se celebrou esta fin de semana en Bos Aires. O galego, con licenza brasileira, fixo un espectacular segmento de carreira a pe, pero non lle permitiu recuperar toda a distancia perdida na bicicleta, onde unha escapada de sete deportistas foi decisiva.
A proba quedou case decidida na bicicleta, onde sete triatletas -con case todos os favoritos entre eles- lograron chegar a T2 con case dous minutos de distancia sobre os perseguidores, entre os que se atopaba o galego.
Na carreira a pe, Ruanova foi o mellor cun parcial de 33:01 e remontou moito tempo e quedou a so 22 segundos do bronce.