CRISTÓBAL RODRÍGUEZ FIDALGO, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE PÉNTATLON MODERNO

18 de Decembro de 2016

Cristóbal Rodríguez Fidalgo proclamouse hoxe en Barcelona  subcampión de España de Péntatlon Moderno, nunha proba que foi dominando ata case os últimos 300 metros da combinada.

O galego estivo en cabeza durante case toda a proba, pero fixo unha frouxa combinada que foi decisiva para privarlle de sumar un novo título de campión de España. Joan Gispert, cunha espectacular remontada, logró superalo nos instantes finais e proclamarse campión de España. O bronce foi para Aleix Heredia.

Pola súa banda, Aroa Freije logrou o subcampionato na categoría xuvenil e o bronce na absoluta, mentres que Raul Blanco conseguiu a medalla de bronce en júnior masculino.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.