-
A.D. Náutico de Narón, subcampión de España de Dúatlon CRE na categoría élite feminina
-
Cidade de Lugo Fluvial, terceiro na categoría élite masculina
Avilés acolleu o pasado fin de semana o Campioanto de España Contra o Reloxo Élite, Open e Talentos, así como a Campionato de España de Dúatlon por Relevos.
A participación de equipos galegos foi extensa, con representación en todas as probas celebradas na cidade asturiana.
O sábado foi a quenda da competición Contra o Reloxo na que participan un máximo de 6 e un mínimo de 4 deportistas de cada equipo.
Na proba Élite feminina, o Náutico de Narón con Sara Guerrero, Raquel Alzaga, María Alzaga, Iratxe Arenal e Andrea Trigo logrou a segunda posición cun tempo de 1:02:35, a apenas 18 segundos do CEA Bétera, primeiro clasificado. O terceiro posto foi para o Peñota Dental Alusigma cun tempo de 1:02:52. Cidade de Lugo Fluvial rematou nunha gran 5ª posición cun tempo de 1:03:20.
11º Tríatlon Inforhouse Santiago (1:07:48)
23º Club Tríatlon Ferrol (1:10:27)
29º Artrogal – Tri 498 (1:11:47)
39º Club Tríatlon Coruña (1:19:07)
41º Club Tríatlon Poio (1:20:04)
49º Club Olímpico de Vedra (1:23:49)
51º Club Tríatlon Compostela (1:24:18)
53º Club Tríatlon Mar de Vigo (1:25:01)
Na categoría Élite masculina, axustado final para o Cidade de Fluvial con Antonio Serrat, Andrés Cendán, Nacho Gálvez, Alberto Romero, Guillem Montiel e Diego Martín, rematando 3º cun tempo de 53:43, a tan só un segundo da medalla de prata.
A primeira posición foi para o Peñota Dental Alusigma (52:48) e a segunda para o Diablillos de Rivas (53:42).
8º Tríatlon Inforhouse Santiago (55:47)
11º Club Tríatlon Ferrol (56:02)
14º A.D. Náutico Narón (56:30)
27º Tríatlon Arteixo (59:12)
35º Tríatlon Rías Baixas (1:00:30)
36º Club Tríatlon Poio (1:00:31)
40º Club Olímpico de Vedra
50º Club Tríatlon Betanzos (1:03:08)
53º Club Tríatlon Coruña (1:03:18)
61º Club Cervecería O Cotón Negreira (1:07:04)
68º Club Tríatlon Mar de Vigo (1:08:31)
Na categoría Open masculino, o Cidade de Lugo Fluvial ocupou a primeira posición cun tempo de 58:32, mentras que na categoría feminina o Club Tríatlon Mar de Vigo entrou no top 10 cun 9º posto (1:35:57).
Na categoría Talentos feminina, o Cidade de Lugo Fluvial logrou unha excelente 3ª posición cun tempo de 30:58, a poucos segundos das primeiras clasificadas. Gran resultado tamén do A.D. Náutico de Narón cun 4º posto (31:14).
10º Tríatlon Inforhouse Santiago (32:31)
15º C. Natación Cedeira Muebles García (33:04)
24º A. Polideportiva San Ramón de Vilalba (34:25)
37º Club Tríatlon Mar de Vigo (38:31)
Na categoría Talentos masculino, o Club Natación Cedeira Muebles García proclamouse subcampión de España (26:44).
Moi preto do podio, cun 4º posto, rematou o A.D Fogar (27:04) e o Cidade de Lugo Fluvial que foi 6º (27:09)
16º Tríatlon Inforhouse Santiago (28:03)
18º A.D. Náutico de Narón (28:19)
21º Club Tríatlon Compostela (28:34)
25º Tríatlon Ferrol (28:57)
36º Club Mar de Artabria (31:43)
37º Club Tríatlon Mar de Vigo (31:45)
40º Club Olímpico de Vedra (32:32)
45º A. Polideportiva San Ramón de Vilalba (46:32)
Clasificación completa Élite e Open
Clasificación completa Talentos
Parabéns a tod@s!
Imaxe: FETRI