O Cidade de Lugo Fluvial vence no Campionato de España de Dúatlon Relevos

20 de Abril de 2023

  • O Cidade de Lugo Fluvial levouse o título de campión por diante do Diablillos de Rivas e o Marlins
  • Na categoría feminina, excelente 3ª posición para o equipo do Cidade de Lugo Fluvial

O fin de semana de competición en Avilés rematou da maneira máis emocionante posible co Campionato de España de Dúatlon Relevos. Unha proba Supersprint na que os equipos están compostos por tres deportistas de cada clube.

Na categoría Élite masculina, o Cidade de Lugo Fluvial con Alberto Romero, Nacho Gálvez e Antonio Serrat demostrou o seu dominio levándose o título de campión de España por diante do Club Diablillos de Rivas e o Marlins Tríatlon Madrid, segundo e terceiro respectivamente.
10º Tríatlon Ferrol
13º A.D. Náutico de Narón
15º Tríatlon Inforhouse Santiago
20º Tríatlon Arteixo

Na categoría Élite feminina, magnífica actuación do Cidade de Lugo Fluvial con Maria Casals, Elsa Pena e Natalia Castro conseguindo a terceira posición nunha proba moi emocionante onde o A.D. Náutico de Narón foi 4º e o Tríatlon Inforhouse Santiago 15º.

Na categoría Open feminina, 3ª posición para o Club Tríatlon Ferrol con Inés Santiago, Ainara Pita e Sabela Caneiro.

Na categoría Talento masculino, chegada ao sprint entre o Club Natación Cedeira Muebles García e o Montilla Córdoba, quen finalmente levóuse a vitoria. Segundo posto e un novo podio nacional para o equipo de Cedeira con Damián Suárez, Lucas Riola e Samuel Sánchez.
O podio completouno o Cidade de Lugo Fluvial con Marco Pousada, Álvaro Gómez e Lucas García.
8º A.D. Fogar
18º A.D. Náutico de Narón
19º Tríatlon Inforhouse Santiago
25º Club Tríatlon Compostela

Na categoría Talento feminina, gran actuación do A.D. Náutico de Narón con Candela Sánchez, Lucía Piñón e Daniela Sierra rematando terceiras.
4º Cidade de Lugo Fluvial
7º Club Natación Cedeira Muebles García
15º Tríatlon Inforhouse Santiago

Na categoría Open Talento feminina o equipo vencedor foi o Tríatlon Inforhouse Santiago. Podio tamén para o Cidade de Lugo Fluvial que ocupou o terceiro caixón.

Parabéns!

Clasificacións Élite
Clasificacións Talentos

Imaxes: Amari Erretratua

Quizáis che interese…