A FEGATRI E A FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO RENOVAN O SEU CONVENIO DE COLABORACIÓN.

6 de Decembro de 2019

O tríatlon galego e o ciclismo da nosa comunidade, xuntos baixo un convenio de colaboración entre as dúas federacións.

Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega Ciclismo (FGC), e Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno (FEGATRI), asinaron este xoves 5 de decembro un convenio de colaboración para facilitar que os deportistas con licenza nunha das dúas federacións poidan participar en probas pertencentes ao calendario do outro organismo. Este acordo, vixente ata o 31 de decembro do 2020, abrangue os seguintes eventos do calendario FEGATRI son:

-XI Dúatlon Cros de Reis de Vimianzo.
– I Dúatlon Popuplar Concello de Nigrán.
– II Dúatlon Cros Meirás-Sada.
– V Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros (Popular).
– II Dúatlon das Letras de Baio (Circuito de Dúatlon Cros).
– XXXI Tríatlon Concello de Oleiros (Popular).
– III Tríatlon Desafío Illas Estelas Nigrán (Popular).
– V Tríatlon Popular de Negreira.
– III Mar de Muros Tríatlon – Trofeo Iván Raña (Popular).
– Gran Premio Tríatlon Pobra do Caramiñal (Popular).
– VII Tríatlon Porriño – Tui.
– V Tríatlon Popular de Cambados.
– IV Trishark Narón.
– Tríatlon Popular de Allariz.
– IV Tríatlon Concello de Rianxo.
– VI Vertiatlon Solidario de Baiona.

A estas probas hai que engadir calquer outra de carácter popular (aberta a licenzas dun día) de triatlón sprint, duatlón, triatlón cross e duatlón cross non calendadas e que se poidan celebrar baixo o amparo da FEGATRI da tempada 2020 . Pola súa banda, as probas da FGC son todas aquelas de cicloturismo, estrada e BTT. Licenza dun día -Será tramitada pola federación organizadora aos deportistas da outra federación. Seguro deportivo -O custe será de 2,20 euros para os deportistas da FGC que participen nunha proba da FEGATRI e de 5 euros para os deportistas da FEGATRI que participen nas probas da FGC.

Inscrición

-Cada un dos deportistas federados deberá formalizar as súas inscricións a través da plataforma de inscricións habilitada para a proba (da federación organizadora) na que se desexa formalizar a inscrición. A plataforma de inscricións debe contar cunha categoría específica de “Licenza FGC” e “Licenza FEGATRI” que permita automaticamente cobrar o custo da licenza dun día cos custos anteriormente sinala

Quizáis che interese…