A  FINAL DO PROGRAMA “NADA E CORRE” CELEBRARASE ESTE SÁBADO 11 DE FEBREIRO EN PONTEVEDRA 

9 de Febreiro de 2017

O sábado 11 de febreiro celebrarase en Pontevedra a final do programa da Federación Galega de Tríatlon Nada e Corre 2017, adicado aos máis cativos e que vai xa pola súa sexta edición. Este proxecto é para as categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e paratríatlon (deportistas con discapacidade). En total participaron máis de 1.000 rapaces e rapazas nas cinco probas zonais e para a final están clasificados 154 deportistas.

En Pontevedra participarán 154 deportistas de todas as categorías e haberá tamén clasificación xeral por clubs, para o que se sumarán os puntos dos deportistas do club, resultando gañador aquel que consiga máis puntos. A proba de natación celebrarase na piscina Rías do Sur (10:30 horas), mentres que a carreira terá lugar nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (16:30 horas).

O programa Nada e Corre da presente tempada, que se desenvolve entre os meses de decembro e febreiro, está formado por cinco probas clasificatorias zonais (Ortigueira, Carballo, Vigo, Ourense e Riveira) e unha final. En cada proba clasificatoria lograron o pase para a final de Pontevedra 9 deportistas por categoría e sexo.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, está dedicado ás categorías menores e ten como obxecto traballar en inverno a natación, de forma moi especial, e a carreira, aspectos considerados fundamentais nestas idades polos técnicos.

 

 

 

Quizáis che interese…

Challenge Mogán Gran Canaria

Challenge Mogán Gran Canaria

LoChallenge Mogán Gran Canaria Mañá sábado 24 de Abril, Pablo Dapena e Ivan Raña competirán cos millores triatletas de...