A FINAL GALEGA DO DÚATLON ESCOLAR CELEBRARASE O 13 DE MAIO EN TOMIÑO

11 de Maio de 2017

A final galega do programa de Dúatlon Escolar 2017 celebrarase o próximo día 13 de maio (15:30 horas) en Tomiño coa participación de 277 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

Na categoría benxamín están inscritos 38 nenos e 32 nenas e nas distancias son de 500 metros de carreira a pe, farán 2 quilómetros en bicicleta e correrán 250 metros; en alevín (70 participantes) as distancias son de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil, con 37 rapaces e 32 rapazas, as distancias son de 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, por último, en cadete (68 inscritos) son 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta 1 quilómetro de carreira. A saída estará instalada na rúa Colón, mentres que a transición e meta estarán ubicadas na rúa Nova.

O programa de Dúatlon Escolar consta de cinco probas locais ou zonais (Fene, Mondoñedo, Lugo, Santiago e Maceda) nas que se clasificaron os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais e aquí lograron o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Dúatlon Popular. Ese mesmo día, a partir das 19:30 horas, celebrarase o IV Dúatlon Popular de Tomiño con 115 deportistas inscritos. As distancias serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 20 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe.

Quizáis che interese…