A liga de clubes de tríatlon acaba en Roquetas

10 de Setembro de 2021

Esta fin de semana a Liga de Clubes de Tríatlon pon o seu punto final por este ano 2021 en Roquetas de Mar coas Copas do Rei GOfit e da Raiña Iberdrola, ademáis dos Campionatos de Relevos.

Moitos equipos galegos xa están en Almería para disputar as probas que determinarán aos gañadores das diferentes competicións.

En categoría feminina os equipos galegos Cidade de Lugo Fluvial e Náutico de Narón lideran a Liga Iberdrola de Tríatlon e parten con moitas posibilidades para manter estas posicións na proba final de Roquetas de Mar. Na 1ª División ademáis temos o Tríatlon InforHouse de Santiago situado na novena posición actualmente e con moitas posibilidades de escalar posicións na proba de Roquetas.

Na 2ª División feminina, os equipos galegos do Tríatlon Arteixo, Olímpico de Vedra e Tríatlon Ferrol tentarán acadar os millores resultados para subir algúns postos.

liga de clubes iberdrola feminina

En categoría masculina o Cidade de Lugo Fluvial terá que loitar para manter a primeira posición actual e os triatletas do Tríatlon InforHouse de Santiago tentarán estar no podio final. 

Na 2ª División masculina o Tríatlon Arteixo e o Tríatlon Ferrol terán que loitar por acadar un posto que lles permita subir a primeira división, e Olímpico de Vedra e Jealsa Tríatlon Boiro loitarán para conseguir a maior puntuación posible nesta última proba.

liga de clubes masculina

Tamen temos partipación galega na Liga Nacional de clubes de tríatlon de talentos dedicada exclusivamente ás categorías cadete e xuvenil.

En formato contrarreloxo por equipos, e en formato de relevos, o 11 e 12 de Setembro decidiranse as clasificacións das ligas maiores, que arrincaron con xornadas en Aguias e A Coruña, e da liga de Talentos, que combinou dúatlon e tríatlon e comezaba o pasado mes de Abril en Alcobendas, pasando posteriormente por Valladolid e A Coruña.

Dende a Federación estaremos moi atentos a todas as probas durante a fin de semana e desexamos moita sorte a todos os participantes. Disfrutade de unha bonita fin de semana de tríatlon.

 

 

 

80 / 100

Quizáis che interese…