A selección galega, rumbo ao Campionato de España de Tríatlon por Autonomías (Valladolid)

7 de Xullo de 2023

A selección galega comezou a súa viaxe a Valladolid para disputar o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías e o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar CSD, os próximos 8 e 9 de xullo.

Galicia presenta un equipo moi forte no que se atopan o actual subcampión de España de Tríatlon, Esteban Basanta, e Natalia Castro, medalla de bronce no nacional. Ademáis dun gran grupo de triatletas que veñen demostrando un bo rendemento ao longo de toda a tempada.

Na selección absoluta masculina estarán Esteban Basanta, Víctor Bouzón, Andrés Cendán, Cristian Fernández, Jarno Pousada e Andrés Prieto.
Na selección absoluta feminina as compoñentes serán Uxía Campos, Natalia Castro, Ainoa Gontán, Elsa Pena, Candela Sánchez e Ana Santiso.

Na categoría infantil, representarán a Galicia, Ariel Soto, Jeyden Silva, Miguel Castro, Lucía Ageitos, Daniela Bruzos e Marta Muñiz Rama. E na categoría cadete serán Aaron Crende, Oscar Alberte, Samuel Fernández, Joel Barcia, Carmen Rábade, Daniela Rama, Marta Pereira e Inés Duarte.
Na categoría de Paralímpico Inclusivo, Nagore Otero, será a nosa representante.

A xornada de competición comezará o sábado, 8 de xullo, coa primeira seminfinal clasificatoria do Campeonato de España de Triatlón en Idade Escolar. Unha vez rematadas as series clasificatorias será a quenda da final. A masculina será ás 16:30 e a feminina ás 17:15 horas. Ás probas absolutas, masculina e feminina, serán ás 18:00 e 19:30.

A suma de puntos en función dos resultados individuais de cada deportista determinará a  clasificación xeneral.

O domingo, 9 de xullo, dedicarase ás competicións de relevos mixtos que terán formato de dúatlon. O primeiro en saír será o relevo cadete, seguidos do infantíl e do relevo mixto inclusivo. A xornada de competición rematará co relevo mixto absoluto.

Ver convocatoria

A probas emitiranse en directo a través do Canal de YouTube da Federación Española de Triatlón.

Quizáis che interese…