O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos. Tíñamos dous frentes importantes na distancia coas probas de Abu Dhabi e Quarteira.
Os galegos Antonio Serrat e Susana Rodríguez competían en Abu Dhabi e Natalia Castro, Elsa Pena, Esteban Basanta e Andrés Prieto na Copa do Mundo Junior de Tríatlon celebrada en Quarteira (Portugal).
Estivemos atentos ás diferentes probas a través da canle triathlontv.live que, a partir do venres 5, retransmitía ás diferentes probas.
Como en todo a no, os triatletas internacionais galegos acadaron grandes resultados. Susana Rodríguez conseguíu a victoria na súa proba, terminando unha tempada moi especial para ela, convertíndose en Campiona Olímpica. Antonio Serrat acadou a quinta posición na última proba das Series Mundiais, acabando o ano como líder do Campionato.
Ver esta publicación en Instagram
Ver esta publicación en Instagram
En canto os máis novos en Quarteira, Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) e Andrés Prieto (AD Fogar) entraron no TOP10 da proba masculina en novena e décima posición respectivamente. España conseguíu a victoria co triatleta andaluz Igor Bellido.
As triatletas galegas Natalia Castro (Náutico de Narón) (18ª) e Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) loitaron entre as millores triatletas juniors, acabando unha tempada espectacular. Noraboa 👏👏👏
Tamén queremos dar a nosa noraboa ás triatletas do Cidade de Lugo Fluvial, María Casals (Medalla de Bronce) e Helena Moragás (4ª).
Futuro do tríatlon garantizado.