Fin de semana intenso no Campionato do Mundo de Duatlón celebrado en Avilés con dúas xornadas maratonianas para moitos compañeiros galegos. Darlle a noraboa aos cinco oficiais galegos que participaron na proba e estiveron traballando ata moi tarde nas dúas xornadas do Campionato.
O sábado celebráronse as diferentes probas de Sprint cun ambiente moi especial polas rúas da cidade e o domingo foi o turno para a distancia standard.
CLASIFICACIÓNS CAMPIONATO DO MUNDO DE DÚATLON
Dende a Federación Galega queremos dar a noraboa a todos os duatletas galegos que estiveron no Campionato do Mundo de Duatlón en Avilés. Estamos moi agradecidos polo voso esforzo e dedicación.
Mención especial para Joselyn Brea pola súa victoria na proba élite, convertíndose na nova Campiona do Mundo de Duatlón.
Moitos ánimos para a duatleta galega Carla Guisande que non puido terminar a súa proba na categoría Junior por mor dunha lesión no pé.
Dende a Federación queremos felicitar o incombustible duatleta galego Manuel González Ojea do Clube Tríatlon Rías Baixas polo seu doblete en Grupos de Idade 60-64. Dobre Campión do Mundo de Duatlón nas dúas probas celebradas en Avilés. Noraboa Manolo.
Noraboa tamén o duatleta galego Jorge Janeiro do Tríatlon Poio que o sábado acadou a victoria na súa categoría de Grupos de Idade 45-49. Moi bo traballo.