Acordos Asemblea Xeral da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno (22 decembro)

23 de Decembro de 2021

A  Asemblea Xeral da Federación Galega de Tríatlon reunida en xuntanza ordinaria o mércores 22 de decembro de 2021 ás 20:15 h.,  aproba os seguintes acordos.

-Modificacións do calendario oficial

  • 30/01/2022.- Campionato Galego de Dúatlon de Menores (BX/ALV/INF)- Carballo
  • 12/02/2022- Dúatlon Movéndonos por Poio (Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada)- Poio
  • 16/04/2022- Cpto Galego de Dúatlon de Estrada – Pontevedra
  • 1/10/2022- Half de Ribadeo
  • 11/12/2022- III Dúatlon Cros Concello de Cerdedo Cotobade (circuíto de Dúatlon Cros)

Regulamentación Aprobada

  • Regulamento do Inverno Primavera de Dúatlon Cros
  • Proba de dobre puntuación no Circuíto Galego de Dúatlon Cros  será “Dúatlon Cros Concello de As Pontes”- 24/04/2022
  • Regulamento de Nada e Corre para 2022

Procedementos e táboas para a tramitación de licenzas 2022

Orzamentos 2022.

——————————————————–

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria por medios telemáticos (amparada no Art. 40 do Real Decreto-Ley 8/2020 de 17 de marzo de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19),  na data e hora indicadas a continuación

Data: Mércores, 22 de decembro de 2021

Hora: 20:00 h.

Lugar: Sala Zoom (enviarase a ligazón de acceso o día anterior)

Orde do día,

1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.

2.- Orzamentos 2022. Aprobación se procede.

3.- Calendarios e normativas.

4.- Licenzas 2022

5.- Rogos e preguntas

*Os rogos e preguntas poderán  ser enviados ao correo da federación ata o próximo mércores,  15 de  decembro de 2021 ás 14:00 h.

*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 15 de decembro de 2021.

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....