ACORDOS COMISIÓN DELEGADA 16/03/2020 en relación á situación do COVID-19

17 de Marzo de 2020

A Comisión Delegada reunida o 16 de marzo de 2020, avanzou a toma dos seguintes acordos en relación á situación federativa pola evolución do COVID-19, unha vez valorada a situación actual e concretando que a mesma é cambiante.

Ver acta da Comisión Delegada

  • Ratifícase a nova data para xuntanza da Asemblea Xeral o próximo 22 de abril, sempre segundo a evolución da situación de crise.
  •  
  • Nada e Corre.- Acórdase levar o Campionato Galego de Nada e Corre ao mes de novembro-decembro, de acordo co organizador e modificar a normativa, para que os nenos e nenas poidan ter algunha proba antes do galego engadindo outras dúas probas clasificatorias, unha norte e outra sur. Clasificaríanse 3 deportistas por cada categoría e sexo en cada unha destas, o que engadiría unha serie por categoría á Final Galega.
  • Dúatlon Escolar.- Na medida en que o XOGADE cancela integramente o programa, tendo en conta que a partir das fases provinciais era a Federación Galega quen organizaba e promovía o campionato galego e de cara a darlles un título da tempada aos nenos e nenas, acórdase facer un campionato galego de menores, aberto para todas as categorías, tal e como se facía coa cadete. Todos os nenos e nenas terían que estar polo tanto federadas. Polo momento e de acordo co organizador manteríase o xa calendarizado o 16 de maio, se é posible celebralo con estas características e segundo a evolución da situación externa.
  •  
  • Dúatlon de Estrada.- Acórdase recalendarizar, todo o que non se poida celebrar agora, aos meses de setembro, outubro e novembro, unha vez rematado o tríatlon, respectando os calendarios nacionais e coordinadamente cos organizadores e dando prioridade ao Cpto Galego de Equipos que xa estaba lanzado. En función da evolución ver a posibilidade de modificar a normativa do Campionato Galego e circuítos dando a estes últimos algún tipo de incentivo.
  •  
  • Convocar unha nova xuntanza da Comisión Delegada entre o 15-17 de abril para tomar decisións respecto á competición dos últimos fins de semana de abril, en función do avance e posibilidades ver as propostas a levar á Asemblea Xeral do 22 de abril de reestruturación de normativas incluída na orde do día.

Quizáis che interese…