A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon, reunida o luns 11 de xullo de 2022 ás 20:30 h., aproba os seguintes acordos incluídos na orde do día.
1.- Proceso Electoral
.Infórmase que o mércores día 13 se inicia a presentación de candidaturas á Asemblea Xeral e acórdase o seguinte en relación ao proceso
* Mesas Electorais.- De acordo ao regulamento electoral, realizarase o sorteo, o 11 de agosto de 2020, ás 20:00 h. de xeito público a través do zoom da FEGATRI.
- Unirse á reunión de Zoom
https://us02web.zoom.us/j/87993022948?pwd=T0Y2UkFyb01HY244TlUzNzIvUEViQT09 - ID de reunión: 879 9302 2948
Código de acceso: 059568
. Comisión Xestora.- Acórdase por unanimidade dar autorización ao presidente para renovar os membros necesarios no caso de calquera cese.
2.- Modificación de Calendarios Deportivos.- Apróbanse por unanimidade as seguintes modificacións
Novas probas e modificación de datas
- Campionato Xunta de Galicia de Triatlón Supersprint Junior (Circuito Mozo pendiente). Narón- 30 xullo
- Campionato Xunta de Galicia de Triatlón de Estrada Sprint- Ferrol-3 setembro
- Campionato Xunta de Galicia de Acuatlón de Menores e Mozo- Cedeira- 10/11 setembro
- Campionato Xunta de Galicia de Triatlón de Equipos Vilagarcía- 24/25 – Setembro
Probas canceladas
- GP Triatlón de A Pobra
- Triatlón de Estrada de Manzaneda
- Dúatlon Cros de Manzaneda
3.- Modificacións Regulamentarias
- Acórdase por unanimidade que a proba de dobre puntuación no Circuíto de Dúatlon Cros sexa o Dúatlon Cros de Cerdedo-Cotobade
- Acórdase por unanimidade a distribución de prazas para o Campionato Galego de Tríatlon de Estrada segundo se expón no seguinte arquivo
V2 Distribución de Prazas para o Campionato Galego de Tríatlon de Estrada de Ferrol. (3/09/2022)
Levántase a sesión ás 21:05