Trishark Narón, clasificatorio para O Campionato de España de Tríatlon Sprint

NOVAS FEGATRI trishark naron

7 de Xullo de 2022

Hoxe tivemos a presentación da quinta edición do Trishark Narón 2022, proba clasificatoria para o Campionato de España de Tríatlon Sprint.  A alcaldesa Marían Ferreiro e o edil de deportes José Orena, acompañados por Amando Guerrero, presidente do Náutico de Narón e dúas integrantes do clube, fixeron a presentación no Concello de Narón.

A cita será o 30 de Xullo na zona do paseo marítimo de Xuvia e as súas inmediacións, contando coa participación duns 400 triatletas procedentes de varios clubes de diferentes localidades estatais, moitos deles galegos.

O Concello de Narón organiza o evento en colaboración co Náutico de Narón e co respaldo das administracións, da Federación Española de Tríatlon e a Federación Galega de Tríatlon.

O Trishark Narón 2022 consistirá en 750 metros a nada, 23 kilómetros en bicleta e 5 kilómetros de carreira a pé, sendo clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon Sprint, unha proba do Circuíto Galego de Tríatlon e tamén se disputará o Campionato Galego Junior de Tríatlon.

Máis información na páxina web do clube Náutico de Narón, organizador da proba.

 

 

Quizáis che interese…

Plan Corresponsables 2024

Plan Corresponsables 2024

Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría...