A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o luns 2 de maioo de 2023 ás 20:00 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:
1.- Modificacións regulamentarias. Cronometraxe de competición.
O presidente expón que se recibiu unha queixa en relación ao aluguer ou merca de chip para algunhas probas federativas aboando unha cota a un proveedor externo. Valorase a situación e a regulamentación que se está aprobando, así coma o feito de estar na metade da tempada e con regulamentos aprobados en funcionamento e acordase promover de cara á regulamentación da nova tempada 2024, a inclusión dun artigo que prohiba cobrar tasas a maiores a ningún deportista pola merca ou aluguer de chip. A estes efectos adquirese o compromiso de contactar cos organizadores e solicitar que o xestionen coas empresas de cronometraxe que elixan para as súas probas para dar cumprimento ao mesmo.
2.- Calendario Oficial. Modificacións
Aprobase a celebración do Campionato Galego de Dúatlon de Menores (BX/AL/IN), en Cedeira o 10 de xuño, no que se incluirá unha clasificación inclusiva ademáis das probas de promoción prebenxamín e cadete.
Apróbase a modificación de data, debida ao cambio do Campionato de España de Triatlón de A Coruña, do Campionato Galego de Tríatlon de Menores (BX/AL/IN) e Súper Sprint CD/XV/JN de Ferrol que quedaría calendarizado para o 15 de xullo.
3.- Rogos e preguntas
Non habendo rogos e preguntas péchase a sesión ás 21:00