CRISTIAN FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DO MUNDO DE ACUATLÓN

2 de Maio de 2023

Excelente actuación de Cristian Fernández no Campionato do Mundo de Acuatlón en Ibiza. O pontevedrés, compoñente do Tríatlon Inforhouse Santiago, levouse o título de campión do mundo por diante dos británicos Chris Perham e Jimmy Lund.
Unha vitoria con dedicación á súa familia e amigos que lle apoiaron durante todos estes anos, sobre todo nos momentos máis difíciles.

Na mesma proba tamén participou o galego David González, rematando no posto 14 na categoría Sub23.
As distancias da proba consistían en 1.000 metros de natación e 5.000 metros de carreira.

Parabéns!

Imaxe: World Triathlon, Ben Lumley

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...