Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ( 26 de marzo de 2024)

27 de Marzo de 2024

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o martes, 24 de marzo de 2024 ás 19:30 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:

1.- Modificacións de calendario

  •  7 xullo-  XXXV Tríatlon do Miño- Proba do Circuíto de Tríatlon de Estrada
  • 14 de xullo- Triatlón Cidade de A Coruña- Tríatlon de Menores e Súper Sprint (CD/XV/JN)- Cancélase a proba de circuíto de estrada.
  • 1 de xuño- Tríatlon Cidade de Vigo- Cancélase a proba de circuíto e queda só o Tríatlon de Menores e Súper Sprint (CD/XV/JN)

2.- Modificacións Regulamentarias

Acórdase que nas probas que figuran como NON competitivas, non se realice ningunha clasificación ou toma de tempos , de cara a que estas sexan totalmente lúdicas como o seu nome indica e fomenten a participación.

3.- Rogos e Preguntas

Infórmase  da situación das probas nacionais e internacionais a realizar en Galicia esta tempada e nas próximas e dos pasos que se están dando en cada unha.

Levántase a sesión ás 19:50 h.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.