OS EQUIPOS GALEGOS SOBEN AO PODIO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN EN ALCOBENDAS

27 de Marzo de 2024

O pasado 23 e 24 de marzo celebráronse con éxito as xornadas de duatlón en Alcobendas, con máis de 1.700 duatletas de 144 clubes da base do triatlón de toda España loitando polas medallas do Campionato de España de Duatlón SuperSprint cadete, xuvenil e xúnior. Enfrontáronse a un fin de semana de carreiras con series preliminares clasificatorias durante a mañá e finais pola tarde, rematando co Duatlón popular SuperSprint Villa de Alcobendas e o Duatlón das Empresas.

Na categoría cadete masculina, o 3º posto foi para Luis Piña, do Club Deportivo Delikia. En canto aos clubes, na categoría feminina, o Cidade de Lugo Fluvial subiuse ao 2º lugar; e na categoría masculina, o Club Deportivo Delikia levouse a 1ª posición.

Mira os resultados aquí à https://live.triatlon.org/results/1139:60206:5:1

Na categoría xuvenil feminina, a galega Candela Sánchez, do Náutico de Narón, cruzou a liña de meta no 2º lugar nunha chegada moi axustada.

Mira os resultados aquí à https://live.triatlon.org/results/1139:60209:5:1

Na categoría xuvenil masculina, Lucas Riola do Natación Cedeira Muebles García gañou a medalla de bronce, e o club AD Fogar de A Coruña subiu ao podio por equipos masculinos no 2º lugar.

Mira os resultados aquí à https://live.triatlon.org/results/1139:60208:5:1

No Campionato de España de Duatlón Júnior Sprint feminino, Ainhoa Gontán do Triatlón Inforhouse Santiago conseguiu o 3º posto. Marta Novo do Cidade de Lugo Fluvial quedou na 8ª posición, Uxia Campos do Cidade de Lugo Fluvial na 18ª, Sabela Caneiro do Triatlón Inforhouse Santiago na 25ª e María Fernández e Carmelo Antelo do Triatlón Inforhouse Santiago quedaron na 30ª e 35ª posición, respectivamente.

Mira os resultados aquí à  https://live.triatlon.org/results/1139:60211:5:1

Na categoría masculina, Jarno Pousada do Cidade de Lugo Fluvial conseguiu o 2º posto. O resto dos galegos foron Carlos Bautista do Náutico de Narón na 9ª posición, Gonzalo Cao do Triatlón Inforhouse Santiago na 28ª, do Cidade de Lugo Fluvial, Marco Pousada chegou 48º e Diego Tomé 60º. Diego Carballeira do Triatlón Ferrol chegou na posición 67ª, Sergio Franco do Club Triatlón Vilalba e Álvaro Gómez do Cidade de Lugo Fluvial chegaron na posición 70ª e 71ª respectivamente, Xoel Blanco do Inforhouse Santiago chegou na 73ª e por último do Club Deportivo Delikia, Leo Rial chegou na posición 88ª.

Mira os resultados aquí à https://live.triatlon.org/results/1139:60210:5:1

O podio xúnior feminino por clubs estaba composto polo Cidade de Lugo Fluvial na 1ª posición e o Triatlón Inforhouse Santiago na 2ª posición, mentres que no podio masculino o Cidade de Lugo Fluvial conseguía a 3ª posición.

O domingo 24 disputouse o Campionato de España de Duatlón por Relevos Mixtos de Talentos nas categorías Elite e Open.

 

No Relevo élite, o Cidade de Lugo Fluvial, formando o seu relevo con Adrián Cantil, Jimena Fernández, Álvaro Llinares e Carmen Rábade, conseguiu a 3ª posición, seguido do Club Natación Cedeira Muebles García na 8ª posición, o Náutico de Narón na 9ª, o A.D. Fogar na 14ª, o Club Deportivo Delikia na 17ª, o Triatlón Inforhouse de Santiago na 27ª, o Club Triatlón Vilalba na 33ª e o Club Triatlón Mar de Vigo na 43ª.

Mira os resultados aquí à https://live.triatlon.org/results/1198:60202:5:1

Nos Relevos Open, o Cidade de Lugo Fluvial conseguiu subirse ao podio na 2ª posición, o Náutico de Narón na 5ª, o Club Natación Cedeira Muebles García na 13ª, o Club Deportivo Delikia na 20ª, o Triatlón Inforhouse de Santiago na 28ª e 46ª con 2 equipos, e por último o Club Triatlón Mar de Vigo na 56ª.

Quizáis che interese…