A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon, reunida o mércores 27 de abril de 2022 ás 20:00 h., aproba os seguintes acordos incluídos na orde do día.
1.- Proceso Electoral
. Designación de Xunta Electoral.
Recóllense as propostas presentadas e aprobase a composición da Xunta electoral con 7 votos a favor, 0 en contra e 0 abstencións.
Titulares
Paloma Herbello Hermelo, Enrique Hernández Moldes, Manuel Ángel Pita Pereira
Suplentes
José Riveiro Núñez, Marcos Caneiro Caneiro, Juan Pazos Eiroa
. Designación de membros da Comisión Xestora
Acórdase por 7 votos a favor, 0 abstencións e 0 votos que as designacións de persoas que lle corresponde facer á Comisión Delegada para a Comisión Xestora durante o proceso electoral , recaigan na Xunta Directiva actual, facultando ao presidente para a súa elección de xeito que cumpran cos criterios de representatividade regulamentarios.
. Localización de mesas electorais
Procédese ao debate e presentación de propostas para as distitnas provincias. Na provincia de A Coruña propóñense dúas sedes polo que se realiza a votación entre Santiago e Ferrol, quedando aprobado Santiago por 6 votos a 1 voto.
Acórdase por maioría de 7 votos a favor, a localización das mesas electorais nas seguintes sedes..
- Pontevedra- Centro Galego de Tecnificación Deportiva
- Lugo- Sede Federativa
- Santiago- Local do Triatlón Santiago (Estadio Vero Boquete-San Lázaro)
- Ourense- Pendente de determinar
Levántase a sesión ás 20:45