A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon, reunida o mércores 28 de febreiro de 2022 ás 20:10 h., aproba os seguintes acordos incluídos na orde do día.
-Modificacións do calendario oficial
- 13/03/2022.- Campionato Galego de Péntatlon Moderno- Lugo
- 27/03/2022.- Dúatlon Escolar San Cibrao (Ourense)- XOGADE
- 19/03/2022- Dúatlon Escolar de Santiago (Clasificatoria de A Coruña)- XOGADE
- 03/04/2022- Dúatlon Escolar de Cedeira (Clasificatoria de A Coruña)-XOGADE
- 01/05/2022- Dúatlon Escolar de Valdoviño (Final Provincial) -XOGADE
- 04/06/2022- Tríatlon de Menores Concello de Porto do Son- (BX/AL/INF/CD) – Proba de selección para o Campionato de Autonomías Escolar de Logroño categoría INF
- 24/07/2022.- Triatlón Cidade de Pontevedra (Proba de circuíto de Tríatlon de Estrada)- MODIFICACIÓN
- 21/08/2022.- Tríatlon Cidade de Ferrol- Campionato Galego de Tríatlon de Estrada
O Tríatlon Ferrol avanza a posibilidade de calendarizar nas próximas semanas, para a primeira quincena de xullo o Cpto Galego de Tríatlon de Menores sempre e cando se poida traballar con saídas conxuntas.
CANCELACIÓNS
- 21/05/2022.- TRISON- (Proba do Circuíto de Tríatlon de Estrada )
- 29/05/2022.- Triatlón Olímpico de Moaña
– Regulamentación Aprobada
Avaliada a situación que se ven dando coas inscricións no Tríatlon Mozo, ante a falta de prazas para dar cobertura a todos e todas as deportistas, valóranse diferentes opcións achegadas e acórdase facer unha distribución proporcional das inscricións reservadas en primeiro prazo por categoría e xénero, en función do número de licenzas a data de publicación do regulamento de cada proba.
3.- Infórmase do inicio dos procesos electorais 2022 coa publicación do censo inicial no día de hoxe de acordo á orde electoral.
Levántase a sesión ás 20:45