A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon, reunida o 5 de abril de 2021, por medios telemáticos tomou os seguintes acordos.
- Competición 2021.-
a) Modificacións do calendario de competición
- Infórmase da suspensión por motivos de loxística e coordinación municipais, do Campionato Galego de Dúatlon de Estrada a celebrar en Noia e calendarizado para o 1/05/2021. Así mesmo comunícase para a súa aprobación na Comsión que realizadas xestións co Concello de Boiro, na busca dunha proba máis para o circuíto de dúatlon de estrada, ante a cancelación de Noia traballouse para que o Duatlon Concello de Boiro se celebrase na mesma data e fose o Campionato Xunta de Galicia de Duatlón de Estrada 2021 . Acórdase facer este cambio no calendario e engadir o antedito ao calendario o 1/05/2021
- Comunícase a cancelación do Campionato Galego de Triatlón sen Drafting (Baiona)-5/06/2021 ao cal se tentará buscar alternativa.
b) Encontros de Menores- Apróbase a normativa para os encontros de promoción de menores de duatlón.
Informase de que xa hai dúas propostas de celebración de acordo ás pasadas xuntanzas cos clubs. Un en Santiago organizado polo Triatlón Santiago e outro en Narón organizado polo AD. Naútico de Narón. Ambolos dous previstos o 17 de abril.