Acordos da Comisión Delegada de 19 de febreiro

Acordos da Comisión Delegada de 19 de febreiro

19/02/2021
Acordos da Comisión Delegada de 19 de febreiro

Acordos da  Comisión Delegada reunida o 19 de febreiro  de 2021 ás 20:00 telemáticamente

Orde do día

  1. Regulamentos 2021- Modificacións
    1. Proposta circuítos supersprint.
  2. Competición 2021.-
    1. Situación do calendario
    2. Novas  propostas de calendarización.
  3. .- Rogos e Preguntas

Acordos

  • Apróbase a creación e regulamento do “Circuíto Mozo”- Supersprint para cadetes, xuvenís e junior. Os organizadores que así o desexen poderán engadir probas a este circuíto, comunicándoo á FEGATRI. Estas probas priorizarán a inscrición das categorías reflectidas que serán gratuítas,  se ben se poderán completar con inscrición aberta  co abono de cota as vacantes non reservadas. Poderán ser probas  a incorporar nas xa calendarizadas doutras distancias ou probas desta distancia creadas de xeito específico para este circuíto.

Circuíto Mozo – Regulamento

  • Apróbanse as seguintes modificacións no calendario oficial
    • 28 marzo- Campionato Galego Supersprint de Dúatlon de Narón (Cadete, xuvenil e júnior)- proba de selección cadete para o Cpto de España
    • 10 abril- V Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros (Proba de circuíto de Dúatlon de Estrada)
    • 29 maio- Triatlón Popular Concello de Oleiros
    • 24 xullo- Campionato Galego de Triatlón Supersprint (cadete, xuvenil e júnior) – Trishark Narón proba de selección para o Cpto de España
    • 24 xullo-Trishark Narón sprint popular
    • 7 agosto- Acuatlón Concello de Cedeira (Menores/cadete/ xuvenil e junior)
    • 21 Novembro- Duatlón Cros de Lousame (Circuíto)
    • 6 decembro- Duatlón Cros Cerdedo-Cotobade (Circuíto)