ACORDOS DA COMISIÓN DELEGADA DE 6 DE ABRIL DE 2020 EN RELACIÓN Á EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN FEDERATIVA POLO COVID-19

7 de Abril de 2020

A Comisión Delegada reunida o 6 de abril de 2020, tomou os seguintes acordos en relación á situación federativa pola evolución do COVID-19, unha vez valorada a situación actual  e as últimas medidas gubernamentais.

  • Acórdase suspender a Asemblea Xeral prevista para o 22 de abril, sen establecer nova data de convocatoria ata que a situación se normalice e as condicións permitan a súa nova convocatoria e celebración con garantías.
  • Suspensión do calendario de actividades federativas dos meses de abril e maio e continuar traballando cos organizadores que desexen manter as súas probas de cara á súa recolocación unha vez cese a actual situación, pendentes de novas decisións  segundo a  evolución e condicións administrativas.
  • Aceptar a solicitude de reserva de calendarización do Northwest Triman na data 4 de outubro.
  • Convocar unha nova xuntanza da Comisión Delegada na última semana de abril para avaliar a situación segundo a evolución da crise e nova toma de decisións.

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....