Plan Corresponsables 2024

22 de Xullo de 2024

Actuación financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en desenvolvemento do Plan Corresponsables

Plan Corresponsables

O Plan Corresponsables é a nova política iniciada en 2021 residenciada na Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxecto iniciar o camiño cara a garantía do coidado como un dereito en España dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao amparo do artígo 44 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a Igualdade Efectiva de
Mulleres e Homes, e dende un enfoque de garantía de dereitos universales, á marxe da condición laboral das persoas beneficiarias. Dita política, adquire unha relevancia maior no contexto da crise sanitaria mundial que está incidindo de forma específica e negativa na igualdade de xénero e nos dereitos das mulleres; entre outras cuestións pola especial incidencia das restriciónss de movilidade e  peches de centros educativos na vida laboral, personal e familiar das mulleres, en tanto que son elas quen de forma maioritaria asumen no noso país a carga de coidados familiares e domésticos.

O Plan Corresponsables concíbese como unha política semente que permita articular mecanismos de colaboración coas comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Meliilla  para o apoio específico ás necesidades de conciliacion das familias con nenas, nesos, mozas e mozos menores de 16 anos; así como con outros eixos de actuación relacionados coa creación de emprego, a dignificación e recoñecemen to da experiencia profesional de coidados, a sensibilización en materia de corresponsabilidade e a articulación de bases informativas de recursos dispoñibles neste campo.

Obxectivos do plan

As Federación Galega de Tríatlon  contribuirá á conciliación  da vida profesional e persoal das familias por medio da habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e mocidade menores de 16 anos e

As actividades realizadas dentro do ámbito de aplicación do Plan Corresponsables, ademáis do anterior,  teñen como eixo vertebrador a realización de actividades deportivas, relacionadas coas modalidades coas que contan os deportes de Tríatlon e Péntatlon Moderno, sen perxuízo de que se practiquen outras modalidades deportivas e de ocio, xa que o que se busta é a adquisión polos participantes de hábitros saúdables de vida, concienciación e respecto polo medio natural onde se realizarán as actividades principalmente. As actividades serán coordinadas pola FEGATRI e desenvolvidas a través de convenios cos clubs que así o solicitaron quen contratarán o p

Lugares de Desenvolvemento das actividades e oferta de prazas:

Péntatlon Moderno

  • Lugo -20 prazas
  • Outeiro de Rei- 20 prazas

Tríatlon

  • Outes- 30 prazas
  • Cedeira- Grupos de 15 e 12 prazas
  • Lugo- 12 prazas

Información e Inscricións:

Normativa de Referencia da Subvención do Plan Corresponsables da Subdirección Xeral de Xestión Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte

ORDE do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan  corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento DE402B)

Obxecto: subvención de proxectos que inclúan actividades de animación socio deportiva, habilitando servizos de coidados profesionais e fomentando, á vez que a práctica deportiva, á adquisición de hábitos de vida saudable a través da mesma e que  fomenten á vez a creación de emprego de calidade no sector dos coidados, dos perfís profesionais recollidos na orde.

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2024, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a resolución das solicitudes de subvención da Orde do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento DE402B) 

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se publica a segunda concesión das subvencións resultante da Orde do 14 de agosto de 2024 pola que se amplía o crédito da Orde do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento DE402B) (Diario Oficial de Galicia número 162, do 23 de agosto de 2024).

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.