Hoxe tivemos presentación no Concello de Poio para a proba desta fin de semana en Combarro. IV Acuatlon Combarro 2021, Campionato Xunta de Galicia de Acuatlon 2021 para as categorías absoluta, junior, sub23 e veterana, proba Craega.
Á presentación acudiron a Concelleira Marga Caldas e o Alcalde Luciano Sobral en representación do Concello de Poio, Santi Ferrer como representante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Faustino Meis en representación do club organizador, o Triatlon Poio e Enrique Hernández como representante da Fegatri.
O sábado día 11 de Setembro ás 17 horas darase a saída nas inmediacións do Porto de Combarro a 55 participantes da proba coas medidas que recolle o protocolo COVID19 e de obrigado cumprimento para todos os participantes.
Podes consultar a listaxe de saída na páxina do evento.
Moita sorte e disfrutade de Combarro.