Actuacións dos galegos no Campionato de España de Banyoles

galegos en banyoles

7 de Setembro de 2021

Esta fin de semana celebrouse en Banyoles o Campionato de España de Tríatlon Olímpico e a Copa de Europa Junior onde tivemos amplia presencia de galegos e galegas.

Na primeira xornada celebráronse os Campionatos de España Sprint Xuvenil e Juniors con bastantes baixas, debido a que o domingo celebrábase a Copa de Europa Junior. Entre os galegos e galegas participantes destacamos os postos de:

    • 17º Alejandro Rodríguez do Tríatlon Ferrol e 20º Iago Otero do  Inforhouse de Santiago na categoría Xuvenil Masculina.
    • Ainoa Gontán do  Inforhouse de Santiago, 8ª Gabriela Quintás do Club Olímpico de Vedra, 21º Erika Pérez do Náutico de Narón, 36º Sabela Caneiro do Tríatlon Ferrol e 37º Lara Castro do  Inforhouse de Santiago na categoría Xuvenil Feminina.
    • 13º Hugo Prida do Tríatlon Ferrol, 16º Xose Pérez do  Inforhouse de Santiago, 28º Juan Pablo Díaz do  Inforhouse de Santiago, 31º David González do Cidade de Lugo Fluvial e 32º Marcos Gómez do Cidade de Lugo Fluvial na categoría Junior masculina.

O Náutico de Narón acadou a segunda posición por equipos na categoría Junior feminina.

Na segunda xornada os galegos destacados foron:

COPA DE EUROPA JUNIOR MASCULINA

– 6º Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial
– 14º Andrés Prieto do AD Fogar

COPA DE EUROPA JUNIOR FEMININA

  • Natalia Castro do Náutico de Narón, acadando praza para o Campionato do Mundo Junior a celebrar en Bermudas.
  • 11ª Elsa Pena do Cidade de Lugo Fluvial

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON OLIMPICO

– 8ª Sara Guerrero do Náutico de Narón

– 5º Andrés Cendán do Cidade de Lugo Fluvial

Podiums Equipos. Campión Elite feminino e Elite Masculino Cidade Lugo Fluvial. Segundo Sub23 Masculino Cidade de Lugo Fluvial.

Noraboa. 👏👏👏

65 / 100

Quizáis che interese…