AÍDA GARCÍA E GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓNS GALEGOS DE TRÍATLON OLÍMPICO.

8 de Xullo de 2019

O entorno do Club Náutico de Castrelo de Mino e baixo a organización do Club Atletismo Corredores do Miño, acolleu a disputa do Campionato Galego de Tríatlon Olímpico con drafting. Os deportistas chegados dende toda Galicia debían enfrontarse a 1,5km de natacón 40km en bicicleta nos que se podía rodar en grupo e para rematar correr 10km a pé.

A competición comezou coa saída da proba masculina, que foi cousa de tres en todo momento. Iago Lorenzo do Tri Pentas Terras de Lugo era o que tomaba a dianteira no segmento de natación, seguido moi de preto por Ismael Vieitez e Gustavo Rodríguez. Este último tomaba a dianteira da proba no sector de ciclismo. Gustavo chegou á segunda transición cunha renta cos seus competidores que mantivo na carreira a pé e que á postre o coronaría como campión galego de tríatlon olímpico. A loita estaba por quen se levaría a segunda posición. Iago Lorenzo rexistrando o mellor parcial da proba a pé faciase co segundo caixón do podio seguido de Ismael Vieitez.

Na proba feminina a gran dominadora da competición foi a triatleta neozelandesa Anneke Jenkins, seguida de Aída Valiño, que esta de volta na competición.

A primeira das triatletas que optaba ao título de campiona galega era Aída García que despois de saír un pouco retrasada da natación protagonizaba unha gran remontada no segmento ciclista chegando con unha boa renta coas súas competidoras á meta. Completaban o podio Andrea Iglesias e Teresa Martín.

Quizáis che interese…