AIDA GARCÍA E RYAN WAYNE WADDINGTON, GAÑADORES DO TRÍATLON CONCELLO DE REDONDELA

22 de Xullo de 2018

Aída García (Tríatlon Rías Baixas) e Ryan Wayne Waddington (licenza dun día) proclamáronse hoxe gañadores da segunda edición do Tríatlon Concello de Redondela.

Na categoría feminina, a deportista do Tríatlon Rías Baixas marcou a diferenza no sector da bicicleta e redondeou o triunfo na carreira a pe, onde foi a máis rápida de todas as participantes. Así Aída García logrou a vitoria cun tempo de 1:12:16, mentres que segunda foi María Casaleiro (1:18:24) e o terceiro posto foi para Andrea Iglesias (Tri-Penta Terras de Lugo) cun tempo de 1:18:39.

Na proba masculina, Marcos Vila (Natación Pabellón Ourense) foi en cabeza durante a natación e a bicicleta, pero na carreira a pe foi superado e rematou na terceira posición.  Ryan Wayne Waddington, que fixo unha proba moi regular e logrou o mellor parcial na carreira a pe, proclamouse campión cun tempo de 1:00:37. A segunda posición foi para Nicolás Domínguez (Disa HPS Tríatlon), que tamén estivo sempre entre os primeiros, para chegar a meta cun tempo de 1:01:49. 

No documento adxunto, tedes todas as clasificacións.

Trirredondela 2018

Quizáis che interese…