ALBERTO CASTIÑEIRA E NATALIA HIDALGO DOMINAN O TRÍATLON DE ARTEIXO.

29 de Xullo de 2019

As ondas da Praia de Sabón xunto con esa icónica e longa transición pola area que remata subindo escaleiras. Os repeitos do séctor ciclista polo Polígono de Sabón, e ese duro circuito de carreira a pé polo carril bici fan do Tríatlon de Arteixo unha das citas máis icónicas do calendario galego de tríatlon de estrada.

A carón do mediodía era a quenda das saídas das probas con corte, que outorgarían prazas para a gran final que se disputará en Pontevedra.

Na proba masculina o gran dominador era o coruñés Alberto Castiñeira, quen saía destacado xa dende o séctor de natación e dominou a proba de principio a fin. Por detrás del un grupo de triatletas formado por Isma Vieitez, Adrán Haz, Facundo Medard, Andrés Prieto e Sebastán Rivera. Loitaban entre eles para saber quen acompañaría a Alberto no podio. Finalmente o triatleta arxentino do Tríatlon Arteixo Facundo Medard completando un gran rexistro na carreira a pé faciase co segundo caixón do podio. En terceira posición rematou o seu compañeiro de equipo Ismael Vieitez.

Dez minutos máis tarde da saída masculina era a quenda da saída feminina. A triatleta local, Penelope Martínez tomaba o liderazgo da proba cun excelento parcial nos 750 metros de natación seguida moi de preto pola triatleta do Cidade de Lugo Fluvial, Natalia hidalgo. No segmento ciclista Natalia tomaba a dianteira da proba que non abandonaría até a liña de meta. O podio completabao Penelope Martínez e Anais Rivas

Quizáis che interese…