Alberto González (Arcade Inforhouse) e Ana Carvajal (Tríatlon Ferrol) proclamáronse hoxe en Pontevedra campións de España de Tríatlon na categoría cadete. Ambos os dous triatletas convertéronse nos auténticos protagonistas das súas respectivas categorías, nunhas competicións disputadas a mediodía deste sábado 20 de xuño e que estiveron marcadas pola altísima temperatura que está a soportar estes últimos días ás Rías Baixas.
O triatleta do Arcade Inforhouse Santiago chegaba a Pontevedra como un dos grandes favoritos ao triunfo final na proba masculina. Dende o primeiro sector da proba, González impuxo un alto ritmo, conseguindo marchar con vantaxe á saída da primeira transición. Unha renda que o impulsou no liderado da proba durante os 10 km do tramo ciclista, un segmento que efectuou na súa totalidade en solitario, para rematar de referendar a defensa do seu título cunha prodixiosa carreira a pé, que lle permitiu erguerse por segundo ano consecutivo ao máis alto do podio da categoría (35:51).
O malagueño estivo acompañado no podio por Javier Lluch (C.T. Furacán Valencia) e Jesús del Val. Ambos os dous sostiveron un duro duelo, disputando o subcampionato nun intenso sprint final, do que Lluch resultou vencedor, co triatleta do Trimarbella Bike-Aquarena conseguindo a medalla de bronce. O primeiro galego foi Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) na quinta posición (37:31).
Trimarbella Bike-Aquarena alzábase co título de clubs masculino. Tras eles, o CT Furacán Valencia subía ao segundo chanzo e os rapaces do Tríatlon Ferrrol eran os encargados de pechar o podio.
En féminas, Lucía Salafranca era a primeira en completar os 750 m de natación polo río Lérez. Ana Carvajal, ao cabo vencedora, saía tamén moi ben posicionada do segmento de auga.
Tras o paso pola T1 as triatletas emprendían os 10 km ciclistas, con Salafranca, Carvajal e Sharon García ben situadas nas primeiras prazas do circuíto galego. A forte calor que asola á localidade galega comezaba a causar efecto nas triatletas durante os últimos instantes da competición. Carvajal alcanzaría a vitoria marcando un rexistro final de 42 minutos e 20 segundos. A seis segundos da deportista do Tríatlon Ferrol, entraba Lucía Salafranca del Club Triatlón Las Rozas. En tanto que Sharon García (Tríatlon Ferrol) pechaba o podio en terceira posición tras ser as tres as grandes protagonistas da proba. A galega Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) estivo moi preto do podio, coa súa carta posición.
O Tríatlon Ferrol encabezou o podio feminino por clubs, coas rapazas do Tripuçol conquistando a segunda praza. Mentres que o Tríatlon Cuellar se clasificou en terceiro lugar.