Alberto González (NFoque Race Team) e Ana María Santiso (Natación Pabellón Ourense) proclamáronse onte gañadores do Tríatlon Popular Vila de Allariz, cunha participación de 150 deportistas.
Na categoría masculina repetiu triunfo o vencedor do pasado ano, Alberto González, quen fixo unha proba moi regular en todos os segmentos o que lle permitiu chegar a meta cunha cómoda vantaxe sobre o segundo clasificado. Así o podio quedou formado por Alberto González (01:10:09), Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) cun tempo de 01:11:16 foi segundo e a terceira posición foi para Pedro Antonio Esmorís (Tríatlon Arteixo) cun tempo de 01:12:02.
A proba feminina tivo como vencedora a Ana María Santiso (01:28:05), que entrou en meta cunha cómoda vantaxe sobre a segunda clasificada, Olalla Duro (Artrogal TRI-498) a máis dun minuto (01:29:07). O terceiro posto foi para Vanesa Díaz (Tríatlon Lugones) cun tempo de 01:29:45.
A proba disputouse sobre as distancias de 750 metros de natación, 24 quilómetros de bicicleta e 5.500 metros de carreira a pe, por unhas paraxes espectacularmente belas.