MELINA ALONSO E LUISMI VELÁSQUEZ GAÑAN O XVI TRÍATLON CIDADE DE FERROL  

20 de Agosto de 2016

Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe campións do  XVI Tríatlon Cidade de Ferrol, último clasificatorio para o Campionato Galego 2016. A proba asistiu o pentacampión do mundo Javier Gómez Noya, lesionado, que participou na entrega de medallas.

Na proba masculina Luismi Velásquez partía como gran favorito e non defraudou, estando sempre nas primeiras posicións dende o inicio. Así, saíu da auga na terceira posición detrás de dous especialistas en natación: Carlos Brión e Jorge González, ambos do Natación Riveira. Na bicicleta Jorge non puido manter o ritmo dos seus compañeiros, que ofreceron un duro duelo, ata que na carreira a pe o venezolano marcou as diferenzas para lograr a vitoria cun tempo de 01:00:56. A segunda posición foi para Carlos Brión (01:02:15), mentres que terceiro foi o catalán Marc Cunyat (Prat Triatlo), que fixo unha boa remontada na carreira a pe.

podio trif errol femNa categoría feminina os xuíces tiveron que decidir o resultado final xa que descualificaron a tres das triatletas destacadas (Joselyn Brea, Camila Alonso e Marta Barbeito) por facer drafting con deportistas masculinos. Houbo reclamacións de Alonso e Barbeito pero os feitos eran claros para os responsables da competición e o triunfo foi para Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) que ocupou a primeira posición dende a natación cun tempo de 01:09:31. O segundo posto foi para Edymar Daniely Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), que foi a máis rápida na carreira a pe, pero chegou a moita distancia de Melina (01:15:17). O bronce foi para Karola Böhme (Naútico de Narón) cun tempo de 01:24:56.

Os gañadores doutras categorías son:

  • Cadete: Noelia Serantes (Natación Cedeira) e Jorge González (Natación Riveira).
  • Júnior: Edymar Daniely Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) e Carlos Brión (Natación Riveira).
  • Sub 23: Tania Suárez (Olímpico de Vedra) e Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo).
  • Veterán 1: Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Fady Hout (Tríatlon Coruña)
  • Veterán 2: José Andrés Aldrey (Tríatlon Coruña)
  • Clubs: Naútico de Narón (feminino) e Natación Riveira (masculino).

A proba disputouse na modalidade sprint, con 750 m de natación, 20 quilómetros do segmento de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pe. Ademais das probas federadas, o programa incluía un O “Nada e Corre” para as categorías benxamín e alevín non competitivo e unha proba popular, ambas con distancias máis curtas, polo que en total estiveron competindo en Ferrol máis de 300 deportistas.

XVI TRIATLON CIDADE DE FERROL

Quizáis che interese…