Almazán, sede do Campionato de España por Autonomías en Idade Escolar

campionato de españa almazan

16 de Xullo de 2021

A localidade de Almazán (Soria) foi a sede elixida para a disputa esta fin de semana do Campionato de España por Autonomías en Idade Escolar. O sábado 17 teremos unha intensa actividade de tríatlon para deportistas das categorías infantil e cadete, así como o primeiro clasificatorio nacional para o Campionato de España de Distancia Olímpica, que terá lugar en Banyoles o próximo mes de Setembro.

As probas celebraránse no parque da Arboleda, un lugar ideal para a disputa do tríatlon a beiras do Río Douro, adentrándose no centro histórico coa disputa da carreira a pé.

As rapazas e rapaces galegos xa están de camiño a Almazán para a recollida de dorsais e acreditacións, na que tamén se realizarán test de antígenos a deportistas, adestradores e delegados, seguindo en vigor as restricións e esixencias do protocolo de seguridade sanitaria da Federación Española de Tríatlon.

O equipo técnico formado polos adestradores Jonathan Cancela Lopera e Omar González Sampedro, convocou a principios de mes os seguintes deportistas para disputar o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar 2021: 

EQUIPO CADETE

  • LUCIA PIÑON PEREIRA – NÁUTICO DE NARÓN
  • INÉS GÓMEZ RILO – CIDADE DE LUGO FLUVIAL
  • CANDELA SÁNCHEZ TOUZA – NÁUTICO DE NARÓN
  • MARTA NOVO DIOS – TRÍATLON FERROL
  • DAMIÁN SUÁREZ COUTO – CN CEDEIRA
  • LUCAS GARCÍA PICÓN – CLUB TRÍATLON COMPOSTELA
  • HUGO SOUTO ANDUJAR – AD FOGAR
  • DANIEL PORTOMEÑE FORMOSO – TRÍATLON FERROL

EQUIPO INFANTIL

  • INÉS DUARTE BAILÓN – TRÍATLON OLEIROS
  • DANIELA RAMA FIGUEIRAS – TRÍATLON INFORHOUSE SANTIAGO
  • JOEL BARCÍA BUGALLO – AD FOGAR
  • AARON CRENDE LÓPEZ – CIDADE DE LUGO FLUVIAL

TRÍATLON INCLUSIVO

  • NAGORE OTERO MARTÍNEZ – CD PINARIUM

 

A competición do Campionato de España de Tríatlon por Autonomías en Idade Escolar disputarase en dúas semifinais independentes con saída de 38 deportistas, tanto na categoría masculina como na feminina. As clasificacións de ambas fusionaranse para establecer a definitiva e outorgar os puntos en función da actuación dos deportistas que determinarán o resultado da competición por seleccións territoriais. As semifinais A e B masculinas disputaranse ás 9 e as 9:30 h. respectivamente, e a continuación terán lugar as femininas, ás 10 e as 10:30 h.

O Campionato de España de Tríatlon por Autonomías en Idade Escolar incluirá as modalidades de Substitución Mixta Inclusiva, no que un triatleta, unha triatleta, e un ou unha terceira triatleta con discapacidade realizarán os tres substitucións a partir das 11:15 h; e Substitución Mixta, con equipos de catro deportistas, dúas mozas e dous mozos, que se irán pasando a substitución de forma consecutiva na carreira que comezará ás 13:15 h. A entrega de premios do campionato está prevista para as 15:30 h.

Primer Clasificatorio Campionato de España Distancia Olímpica

Ademáis das probas para os máis pequenos, o domingo celébrase o primeiro clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon en Distancia Olímpica, onde tamén temos presencia galega.

Ana Santiso do Náutico de Narón tentará estar entre as millores da proba élite feminina e clasificarse para Banyoles. Na proba élite masculina, temos unha amplia presencia de triatletas galegos con Iago Lorenzo (Jealsa Tríatlon Boiro), Jorge González (Tríatlon Inforhouse de Santiago), Guillém Montiel (Cidade de Lugo Fluvial), Antón Ruanova (Tríatlon Inforhouse de Santiago), Denis Incutti (Jealsa Tríatlon Boiro), Jacobo Mulet (Cidade de Lugo Fluvial), Pablo Pedrosa (Tríatlon Ferrol), Ivan Puentes (Tríatlon Ferrol) e Asier Calahorra (TriPenta Terras de Lugo). 

O Triatleta do Inforhouse de Santiago, Jorge González, mandábanos unha foto fai uns días, poñendo a súas pernas e a bicleta a punto para esta proba.

gomarolo almazan

 

Moita sorte a todos e a todas. 💪💪💪

Quizáis che interese…